13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





11 abr 2011

Farjas decide, Galicia móvese

Máis de catorce plataformas agrupan o movemento veciñal en defensa da sanidade pública. A maioría xurdiron ou reactiváronse nos dous últimos anos: loitan contra a privatización desde o eido local e defenden os intereses da súa comarca, servizos, hospitais e áreas sanitarias.


Xornal de Galicia


A pesar de ser unha das materias máis sensibles para os cidadáns, toda crise económica trae consigo reformas nos sistemas sanitarios. En España, as máis duras están tendo lugar en Cataluña, onde o Goberno, que xa fixo as contas no papel, quere aforrar, ou máis ben recortar, o gasto sanitario un 10%, o que no día a día significa pechar quirófanos e, segundo os sindicatos, prescindir de 7.000 empregos, fundamentalmente sanitarios. Mentres os cataláns reaccionan ás medidas que lles afectan, o resto do Estado debate sobre un globo sonda chamado copago, que non apoia nin o Partido Popular de portas para fóra, pero que non por iso deixa de encher titulares de prensa. Tampouco neste caso parece que os votantes queiran, en vésperas de eleccións, volver a cofinanciar un sistema de saúde que xa pagan e que, pese as constantes gabanzas que recibe, está entre os peor financiados na UE dos Vintesete: España ocupa o posto número catorce en canto a investimento en sanidade, segundo estudos da Universidade Pompoeu Fabra (UPF). Tamén en Galicia, a recesión e o cambio de Goberno viñeron acompañados dunha das palabra que máis evitan pronunciar os políticos porque saben que non gusta cando se aplica á saúde: privatización. O que a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, vende como unha xestión máis eficaz, está tendo unha resposta clara na rúa. Miles de persoas demostrárono nos últimos dous anos, nos que o movemento artellado polas plataformas en defensa da sanidade galega se converteu nun dos máis sólidos do país.
Estas asociacións xurdiron ao albor doutra gran crise, a do petróleo do ano 73, que trouxo consigo todas as reformas neoliberais das décadas dos 80 e os 90. Foi tamén entón cando a presidenta británica Margaret Thatcher introduciu en Inglaterra os sistemas de financiamento por concesión administrativa nos hospitais, hoxe descartados alí por ineficientes, pero que a conselleira galega retomou – como os seus homólogos de Valencia e Madrid fixeron nas súas comunidades–para os centros centros hospitalarios de Vigo e Pontevedra. En Galicia, con este pano de fondo, o movemento asociativo prendeu en Vigo hai xa tres décadas, segundo o portavoz de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, porque foi na cidade olívica onde “se ensairon sempre os intentos de privatización da sanidade galega”.
“O movemento das plataformas nace entre os 80 e os 90. É a época de gobernantes como Ronald Reagan e Margaret Thatcher, cando se introducen reformas neoliberais na sanidade e se comeza a defender a idea de que hai que reducir o Estado e de que os sistemas públicos deben empregar a lóxica da empresa privada para diminuír a burocracia e mellorar a competencia; os médicos e sanitarios, as asociacións de veciños e de doentes crónicos e os sindicatos –que representaban os traballadores estatutarios da sanidade, pero tamén a todos os demais, que perciben parte do seu salario en especie, a través das prestacións de saúde– fixemos entón unha alianza para parar isto”, relata Martín. “No caso galego, comezamos preocupándonos polas listas de espera, das que non se sabía nada e que hoxe son públicas, e pola privatización dos servizos sanitarios, que comezou cando se asignou unha área a un hospital privado como Povisa, que non reunía as condicións para atendela; logo viñeron o Medtec, que era unha sociedade pública, que podía ser privatizada e que se empregou para xestionar a alta tecnoloxía nos hospitais e desgazar os servizos de cirurxía cardíaca e homodinámica; e as fundacións, coas que se xestionaron hospitais como os de Verín, o Barbanza ou o Salnes”, prosegue o facultativo, que atribúe á presión das plataformas en defensa da sanidade éxitos como a reintegración das prestacións que levaba o Medtec e as fundacións dentro do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Actualmente, hai máis de catorce plataformas en defensa da sanidade pública en Galicia, agrupadas todas baixo o selo SOS Sanidade Pública, imaxe de marca creada hai un ano, di Martín, como “unha estratexia de márketing” porque o certo é que todo este entramado asociativo ten vida propia. Hai asociacións, como a de Vigo, cunha longa tradición; outras como as de Ourense –que sacou á rúa esta mesma semana a máis de tres mil persoas– ou a da Coruña, que viñan de vello, pero que se reactivaron agora, mentres que a maioría naceron por mor da xestión sanitaria do actual Goberno, ata o punto de que este mesmo mes xurdía a do Barbanza. Todas elas comparten un obxectivo común: facer fronte a privatización do sistema sanitario, pero desde o ámbito local. É por iso que integran na súa estrutura as asociacións veciñas e, nalgúns casos, mesmo a corporacións municipais. É o caso da Plataforma contra a privatización e polo hospital único de Pontevedra, que conta co apoio de trece concellos, ademais do de PSdeG e BNG –que están con EU na maioría das agrupacións–, cinco sindicatos e varias asociacións de veciños.

OS ÚLTIMOS EN CHEGAR
Esta dinámica repítese por toda Galicia. A plataforma da Barbanza naceu xa co apoio de 17 colectivos (catro partidos; cinco sindicatos, incluído o comité de empresa do hospital e oito asociacións da zona), ao día seguinte de comezar a súa andaina xa eran 18. Apareceu ante a posibilidade de que a Xunta concedese á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (Friat) a xestión do tratamento de diálisis no hospital comarcal, como xa acontece nos de Verín e O Barco, onde esta empresa pon o persoal e o Sergas as instalacións, de xeito que, tal e como denunciaban PSdeG e BNG esta mesma semana, deixan de ter nefrólogo de garda.
“No noso caso, tiñamos pensado constituírnos logo das eleccións, para montar a plataforma á marxe do proceso electoral, pero vimos que non podíamos agardar porque se ía privatizar a diálese e, se non o chegamos a facer, se non montamos follón estaba todo dito”, explica Marián Rodríguez, voceira da asociación, que engade: “O que queríamos é que a xente vise que esta non é unha loita do hospital, senón dos usuarios, de toda a poboación”.
Parece que está sendo así porque, como explica a portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento, Ana Luisa Bouza, “a sanidade é un dos servizos públicos máis visibles, a xente ve o que pasa cando vai a urxencias e, cando se decata de que pode desaparecer, deféndeo”. “Durante o bipartito mellorouse a asistencia, reducíronse as listas de espera, creáronse os plans directores dos hospitais e iniciouse a construción de centros de saúde; agora o deterioro é moi visible porque se pechan servizos e se privatizan outros e son os propios profesionais os que ven as necesidades e tiran das plataformas, que sempre estiveron aí”, engade a nacionalista.
Á loita contra a privatización de servizos nas rías, a Galicia interior engadiu a de preservar as súas áreas sanitarias, como forma de xestión de recursos e medios. Os rumores de que hospitais comarcais como o de Burela, na Mariña, ou o de Monforte de Lemos, no sur de Lugo, podían quedar para atender a crónicos, mentres a atención sanitaria se centralizaba en Lugo, nunha área única de Primaria e Especializada, fixo que os veciños se mobilizasen nestes concellos para facer ver a Consellería de Sanidade que non estaban dispostos a renunciar a servizos que viñan de vello. Uns dez mil monfortinos e habitantes da contorna dixéronllo en multitudinarias manifestacións a titular do departamento, Pilar Farjas, que se viu obrigada a acudir ao concello lugués a transmitir tranquilidade. E o mesmo ocorreu en Verín e o Barco, onde a alarma saltou pola privatización dos servizos de Radioloxía.

AS AGRUPACIÓNS DURMINTES
A paralización dos plans directores dalgúns dos grandes hospitais galegos foi o que animou os sanitarios a impulsar as agrupacións en lugares nos que existían, pero que non estaban sendo moi activas. Foi o caso da Coruña ou Ourense, a única provincia na que, cun proxecto arquitectónico que data do 2008 e propón edificar sobre os actuais terreos do complexo hospitalario, aínda non se deu solución ao futuro do CHOU. A isto uniuse o peche de camas de enfermos de Psiquiatría no hospital de Toén, e a súa reubicación no Piñor, onde se perderán postos de crónicos. Con este panorama, os ourensáns saíron o pasado xoves á rúa ao berro de “Existimos”.
Luís Álvarez, un dos membros da plataforma en defensa da sanidade pública de Ourense, asegura que este movemento se asemella ao Guadiana: “Aparece e desaparece”. Débese, explica tamén Ramón Veras, da asociación coruñesa, a que “as plataformas van aparecendo non cunha estratexia de organización, senón para dar resposta a problemas concretos”. De feito, matiza, “a propia asociación galega é unha organización máis dentro das plataformas, que a súa vez se integra na federación española”.
Para todos os integrantes destas plataformas, así como para os máis de 15.000 galegos que se manifestaron en Santiago de Compostela baixo o lema SOS Sanidade Pública, os case 50.000 vigueses que pediron un hospital público ata en dúas ocasións, e os cerca de 70.000 pontevedreses que fixeron o mesmo, hai unha cousa clara, este sistema non é o que queren financiar. Martín explícao do seguinte modo: “Se seguen os recortes, e levamos unha redución do gasto sanitario do 10% nos últimos dous anos en Galicia; continúa a construción de hospitais privados cun modelo de financiamento que multiplica por catro o custe da infraestrutura, e segue sen darse saída ao Plan Mellora da Atención Primaria, que é a base do sistema porque é onde se fai a prevención, o sistema será insostible nuns anos”.

DISTRIBUCIÓN DAS ASOCIACIÓNS E PLATAFORMAS SANITARIAS EN GALIZA

   
  

El conseller de Salud afronta tres protestas y marchas diarias

Europa Press



El conseller de Salud de la Generalitat, Boi Ruiz, deberá afrontar tres concentraciones diferentes y protestas diarias en los centros sanitarios durante la próxima semana.
   Serán unos días cruciales en los que su departamento debe decidir en qué puntos concretos aplica el recorte anunciado de 1.000 millones de euros en el presupuesto sanitario, y cumplir así con su compromiso de presentarlos de forma pública y transparente antes del 22 de abril.
   Hospitales como el de Bellvitge, centros del Parc de Salut Mar --que incluye el Hospital del Mar--, el Vall d'Hebron y el Clínic de Barcelona, entre otros, han protagonizado durante los últimos días protestas con cortes de calles incluidos que, al menos por el momento, no tienen previsto detener hasta que el conseller no presente su denominado "plan de choque".
   Al mismo tiempo, un movimiento ciudadano en la red social Facebook que se ha autonombrado 'Indignados (No al recorte en sanidad)', creado hace una semana y que ya cuenta con unos 4.300 seguidores, ha convocado una manifestación para el próximo miércoles, y acumula unas 1.000 publicaciones en su muro apelando a protestar en la calle contra los recortes del Govern de Artus Mas.
   En declaraciones a Europa Press, uno de los fundadores de la plataforma, que trabaja como enfermero en el Hospital del Mar y que prefiere mantener el anonimato, ha reconocido que el fenómeno les ha sobrepasado, como si los miembros hubieran encontrado en los escritos virtuales la válvula de escape en épocas que se avecinan sombrías, según el parecer de sindicatos y trabajadores de la sanidad catalana.
   Durante los últimos días, diversos comités de empresa han filtrado a los medios de comunicación los recortes que las direcciones de los centros sanitarios han propuesto para hacer frente al recorte, entre los que destacan el despido de unos 7.200 profesionales, la mayoría eventuales --según datos de UGT--; la disminución de las operaciones y camas disponibles; el aumento de las listas de espera; la reorganización de los días de vacaciones de las plantillas y, en definitiva, un empeoramiento de la calidad asistencial.
   El conseller Ruiz, por su parte, ha negado reiteradamente que las medidas a implementar vayan a reducir la calidad asistencial o pretendan desmantelar el sistema de salud pública, si bien su gestión en 100 días ha provocado la convocatoria de una concentración sindical unitaria el jueves 14 de abril, otra de facultativos --convocada por Metges de Catalunya-- el día antes, y otra de usuarios el mismo día --convocada por la plataforma 'Indignados'--.
   Si bien es cierto que falta por ver el seguimiento que tendrán dichas concentraciones, muchos empleados de la sanidad amenazan con decir basta, máxime cuando ya el año pasado se les recortó uniformemente un 5% de su salario, tanto si trabajaban en la sanidad pública --un 60% del total en Catalunya-- o en la privada.