13 DE MAIO DE 2010

13 DE MAIO DE 2010
13 DE MAIO DE 2010: GRAZAS!!!

NOTICIAS DA SAÚDE (EUROPA PRESS)

NOVAS DA SAÚDE

NOTICIAS GALIZA



NOVAS DE GALIZA:





15 abr 2011

14 de maio: Un total de 30 entidades llaman a una movilización masiva contra los recortes en Cataluña

Europa Press


Una treintena de entidades de la sociedad civil --culturales, de enseñanza, sanidad, sindicales, de vecinos, jóvenes y ancianos-- han llamado los catalanes a una movilización masiva el sábado 14 de mayo en Barcelona para protestar contra los ajustes anunciados por el Govern de Cataluña y plantarse ante futuros recortes en ámbitos sociales.
   En la presentación del manifiesto conjunto '¡Basta de recortes!' en Barcelona, el portavoz de la Confederación de Asociaciones Vecinales de Cataluña (Confavc), Julio Molina, ha instado a los catalanes a manifestarse para defender sus derechos de ciudadanía y para exigir que se gobierne con la sociedad civil: "Lo responsable ahora es salir a la calle en defensa de las conquistas sociales. La sanidad y la educación no se tocan", ha remarcado, confiando en que el Govern se replanteará las medidas de ajuste tras la marcha.
   Para el secretario general de CC.OO., Joan Carles Gallego, la manifestación debe evidenciar el rechazo a unos recortes "socialmente injustos" que destruirán empleo sin reactivar la economía --la prioridad no es rebajar gastos, sino generar impuestos, ha dicho--, y su homólogo en UGT, Josep Maria Álvarez, ha reclamado que se negocien los ajustes y que se proteja a los trabajadores públicos para garantizar la calidad de los servicios.
   También ha salido en defensa de los servicios públicos el portavoz de la Federación de Asociaciones de Padres de Alumnos de Enseñanza Secundaria de Cataluña (Fapaes), Pere Farriol, quien ha expresado su temor de que los alumnos salgan peor preparados a partir de ahora: "Lo único que puede fortalecer un país y reflotar la economía son las capacidades que se adquieren con la educación", ha sentenciado.
   "La sanidad privada debe ser subsidiaria de la pública, y no al revés", ha defendido la portavoz de la Plataforma Dempeus por la salud pública, Àngels Martínez, y ha acusado al conseller de Salud, Boi Ruiz, de "tomar el pelo" a los ciudadanos aplicando una terapia de choque a favor de los centros privados.
   El representante del Consell Nacional de la Joventut (CNJC), Víctor Albert, ha instado a los jóvenes a manifestarse para reclamar una "salida equitativa de la crisis", y para dar un toque de atención al Govern ante eventuales recortes en las universidades y asociacionismo.

MANIFIESTO CONJUNTO
   En el manifiesto '¡Basta de recortes! Nuestros derechos no se tocan!', las entidades alertan de que los recortes suponen un "cambio de modelo social, ante la transición de una gestión pública y concertada a una de privada y mercantilizada", y llaman a la ciudadanía a manifestarse en defensa de los servicios públicos.
   El documento alerta de las consecuencias "gravísimas" de desvalijar el modelo social europeo basado en la sanidad, la educación y la asistencia social, y critican los intentos de salir de la crisis con recortes fiscales y a costa de los servicios públicos y de la cultura: "No aceptaremos resignadamente la inevitabilidad de las medidas", sentencia.
   También lo suscriben la Federación de Asociaciones Vecinales de Catalunya (Favb); Centro de Análisis y Programas Sanitarios (Caps); 'Casals' de jóvenes; la Coordinadora Nacional de Jubilados y Pensionistas de Catalunya; Movimiento Laico y Progresista (MLP); la Organización de Consumidores y Usuarios de Cataluña (Ocuc); Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de Cataluña (Aicec-adicade) y Financiación Ética y Solidaria (Fets).
   Se adhieren además entidades del ámbito de la cultura, incluyendo asociaciones de danza, circo, actores, artistas visuales, escritores, escenógrafos, fotógrafos, músicos de jazz y animadores de espectáculos infantiles, ilustradores y guionistas.


  

A sanidade, estancada

Os galegos son os que peor nota lle dan ao sistema asistencial

As listas de espera, o que máis molesta, seguen na picota: o 60% cre que continúan igual que hai un ano 

 

Galicia Hoxe


En pleno debate sobre a sustentabilidade futura do sistema público de sanidade, os galegos seguen sen valorar avances na atención que reciben do Servizo Galego de Saúde (Sergas): de todo o Estado, son os que peor cualifican o servizo. Ponlle, en concreto, un 6,10 de nota, moi preto dos seguintes na lista, Canarias, cun 6,04 sobre dez.
Así o conclúe o último Barómetro Sanitario do ministerio que dirixe Leire Pajín, segundo o cal os cidadáns de Asturias, Aragón, Navarra e Castela e León, son os máis satisfeitos coa súa sanidade pública.
Segundo os resultados das 7.600 enquisas realizadas entre marzo e novembro de 2010, o 75 por cento da poboación está satisfeita co funcionamento do sistema sanitario público, ao que lle dan unha cualificación media dun 6,5 sobre dez.
A nota media máis alta atópase en Asturias, cun 7,71 sobre dez, e ata un 14 por cento dos enquisados no principado dábanlle un 10. A Asturias séguenlle Aragón (7,2), Navarra (7,06) e Castela e León (7,01).
Na enquisa preguntóuselles tamén ós cidadáns se, en función da súa percepción da sanidade pública, optarían pola sanidade privada en caso de enfermidade grave.
Un de cada catro opta pola privada en doenzas graves
Neste caso, e aínda que máis da metade de todos os enquisados (58%) optaría pola sanidade pública, nalgunhas comunidades a opción da privada cobra máis forza cando se lles pregunta por enfermidades graves, sendo Cataluña (39,1%) e Canarias onde máis cidadáns acudirían á privada nestes casos. Pola contra, en Aragón e País Vasco ata un 66 e 69 por cento respectivamente decantaríanse pola pública. En Galicia, optan pola privada o 25%. Entre os principais problemas que perciben no sistema sanitario, o das listas de espera segue centrando a maioría das respostas, considerando a metade dos enquisados no Estado que non melloraron no último ano, unha porcentaxe que na nosa comunidade se eleva ao 62%.
Preocúpalles aos pacientes, xa que logo, aquilo que máis de preto lles toca. No entanto, semella durmida a forte polémica que espertou a aplicación do catálogo priorizado de medicamentos, aquel polo que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) financia os fármacos de menor prezo, maioritariamente xenéricos. Apazugada está a polémica desde que o Tribunal Constitucional decidiu admitir a trámite o recurso presentado polo Goberno estatal en contra a iniciativa galega, que se mantén en suspensión provisional desde o día catro de marzo.
Con todo, e malia esa freada á obrigada prescrición de medicamentos "sen marca", a taxa de receitas de xenéricos mantívose o mes pasado no 30%, unha media que supera a estatal e que, con todo, rebaixa en décimas a acadada en febreiro, do 30,6 por cento. Apuntouno onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que, tras a reunión semanal do Consello, informou de que o aforro medio diario en gasto farmacéutico ascendeu a 370.000 euros no primeiro trimestre do ano, o que supón un total de 29 millóns de euros. Cifras que Feijóo relacionou co compromiso dos profesionais sanitarios galegos en prol dunha prescrición racional.
O máximo mandatario autonómico destacou que, a partir do 17 de xaneiro e no mes de febreiro, o gasto en financiamento de medicamentos reduciuse máis do 11%, porcentaxe que alcanzou o 13,6% en marzo, descendendo en 11,5 millóns en relación ao mesmo mes do ano anterior. Respecto da factura farmacéutica de marzo, foi de 73 millóns fronte aos 84,4 millóns do mesmo mes no anterior exercicio. A taxa de xenéricos, no entanto, foi do 27% en xaneiro, subiu ao 30,6% e en marzo quedou no 30 por cento, cifra que comparou co 34 por cento de países como Austria.
Pola súa banda, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, estimou que as cifras demostran o "mantemento de aplicación dos criterios do catálogo", malia estar suspendido. "Os profesionais e galegos entenderon que é o momento de apostar pola sustentabilidade do sistema", aplaudiu a conselleira galega.
Fidalgo avoga por camiñar na liña da lista priorizada
Sobre o catálogo tamén se pronunciou o ex secretario xeral de Comisións Obreiras (CC.OO.) José María Fidalgo, quen asegurou onte "é a dirección na que hai que ir" e lamentou que o rexeitase "a esquerda".
Entre outras medidas avogou por o establecer un "bo catálogo de prestacións" para todos os españois con independencia do seu lugar de residencia; e defender a sustentabilidade do sistema "preguntándose se os motores que máis incrementan o gasto no sistema -farmacia e biomedicina- son os que van gobernar o gasto no sistema".

O TC recupera a Lei omnibus: os médicos deben colexiarse
O Tribunal Constitucional (TC) levantou a suspensión de varios artigos da Lei omnibus de Galicia polo que a colexiación volve ser obrigatoria para os profesionais médicos e demais traballadores de ciencias da saúde que exerzan no servizo sanitario público galego. "Esta mañá recibimos a notificación do auto do Tribunal Constitucional no que comunica o levantamento da suspensión da lei", manifestou a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, á vez que recordou que a Xunta "defendeu a necesidade da colexiación obrigatoria no ámbito de traballo das especialidades médicas e das profesións sanitarias". Farjas incidiu en que é unha decisión "que levou a clarificar na Lei omnibus a actual lei de colexiación de Galicia" e subliñou que é unha medida contra a "que recorreu o Goberno de España", que presentou recurso no TC e solicitou a suspensión de determinados artigos. O TC suspendera a obrigación imposta pola Xunta de que todos os médicos tivesen que pertencer a un colexio profesional para exercer na comunidade debido á admisión a trámite dun recurso de inconstitucionalidade presentado en novembro polo Goberno central contra a decisión aprobada en febreiro de 2010. O novo auto argumenta que as diverxencias normativas non son causa de suspensión, pois son unha consecuencia inherente a toda situación de pendencia dun recurso de inconstitucionalidade e consubstanciais.

O dinamismo investigador do Clínico
O "dinamismo" investigador do CHUS con 47 axudas de conco­rrencia competitiva, 103 ensaios clínicos e 298 publicacións cun impacto acumulado de 1.100 puntos, así como a solicitude de catro patentes ó longo do ano pasado foron postos como exemplo pola conselleira Farjas, no acto de inauguración da I Xornada de Investigación Biosanitaria, orga­nizada polo complexo hospita­lario compostelán. Na imaxe, Pilar Farjas, á dereita, acompañada pola xerente do Clínico, Rosa Bermejo.

15.000 pacientes toman 15 ou máis fármacos ao día
O Consello da Xunta aprobou onte un programa de mellora da calidade na atención sanitaria aos pacientes crónicos e polimedicados, tras constatar que, na actualidade, existen en Galicia ao redor de 15.000 persoas que toman polo menos 15 medicamentos diarios e 110.000 que toman máis de seis ao día. Neste contexto, Alberto Núñez Feijóo, explicou que o obxectivo desta iniciativa é "o asesoramento" sobre o uso de fármacos e a axeitada colaboración entre os profesionais sanitarios que están a receitar distintos fármacos. Feijóo constatou que "un dos problemas máis importantes" é a "falta de adherencia" a un tratamento cando se superan os seis fármacos diarios e o cumprimento terapéutico deste tipo de pacientes cae entre un 30 e un 50%. Tamén destacou que a polimedicación se asocia a "un maior número de hospitalizacións, fracturas e, o máis grave, de mortalidade".

A Barbanza: A «privatización» da diálese provocará máis mobilizacións

A organización cifrou a asistencia en ao redor de dúas mil persoas

La Voz de Galicia


Baixo o lema «A sanidade pública non véndese» manifestáronse onte nas rúas de Ribeira ao redor de dúas mil persoas, segundo a organización. Uníronse para protestar en contra da intención do Sergas de que unha fundación se encargue do servizo de diálese no hospital de Barbanza, e fixérono con moito ruído e berros cos que pretendían que os afectados e os seus familiares non se sentisen sos nesta loita. A de onte presentouse como a máis grande, pero non a última das mobilizacións en contra das pretensións do Administración autonómica.
Partiron do centro de saúde do municipio, onde as gaitas anunciaron aos veciños que a manifestación estaba a piques de empezar. Ao seu paso polo Dique, a praza do Peixe e a rúa 9 de agosto cortaron o paso aos vehículos. Alzando a voz ao unísono coa frase «Non nos mires, úneche» para incitar aos veciños que se atopaban nas terrazas a formar parte dunha mobilización que onte quixo deixar claro que a posibilidade de que unha fundación sexa a que atenda aos enfermos no hospital barbancés non é a única solución nin, para eles, a mellor.

Apoio masivo
E é que, polo momento, máis dunha decena de persoas deben desprazarse tres días á semana a Santiago para que se lles ofreza esta atención nefrológica. Onte, os seus familiares acompañábanas no percorrido e aseguraron que aínda que o futuro se presenta incerto non poden deixar de loitar para mellorar a calidade de vida dos seus seres queridos. Políticos, representantes sindicais e alcaldes de diferentes concellos da comarca tamén quixeron arroupar a todos aqueles que lonxe de querer a «privatización» do servizo demandan que se amplíe o que se ofrece na actualidade no centro hospitalario.
O grupo de manifestantes, liderado polos membros da plataforma comarcal en defensa da sanidade pública, estaba formado ademais por preto dunha vintena de colectivos veciñais, asociacións, o comité de empresa do hospital e outras plataformas galegas, entre a que destacou a ourensá. Esta estaba formada por máis dunha trintena de persoas que camiñaron sempre á cola dos centenares de cidadáns que se botaron ás rúas ribeirenses, pero que se fixeron tamén oír.
O percorrido finalizou fronte á casa consistorial. Alí os berros deron paso ás palabras recollidas nun manifesto que se encargou de ler unha das enfermeiras do servizo de diálese do hospital, Marián Rei.

Manifesto
Comezou esta traballadora o seu discurso sinalando que a sanidade pública é sinónimo de solidariedade, e que debe garantir que cando unha persoa a precisa ofrézaselle unha atención de calidade. Para ela, que unha fundación trate aos enfermos de Barbanza non é o mellor para quen agora teñen que desprazarse á capital galega, e asegurou que para ofrecer aquí a atención da diálese só sería necesario un médico, dúas enfermeiras e un auxiliar de enfermería.
Destacou tamén que os gastos de ambulancias compartidas e as molestias que para os enfermos supón ter que viaxar a Santiago para someterse ao tratamento teñen un custo maior ao que suporía privatizar o servizo. Que seguirán loitando foi a última proclama.



Farjas atribúe o aforro en fármacos a que os médicos seguen o catálogo

Xornal de Galicia



A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, subliñou que “Galicia demostrou cos resultados de uso eficiente” –cun aforro medio diario de 370.000 euros no primeiro trimestre do ano– o “mantemento de aplicación dos criterios do catálogo”, malia estar suspendido polo Tribunal Constitucional (TC).
“Galicia demostrou cos resultados de uso eficiente que seguía mantendo os criterios do catálogo. Os profesionais e os galegos entenderon que é o momento de apostar pola sostenilidade do sistema, pola elección dos medicamentos de menor custo”, afirmou Farjas, en declaracións aos medios tras inaugurar unhas xornadas sosbre o sistema de protección social, organizadas por CC OO en Santiago.
Neste sentido, Farjas insistiu en que escoller un medicamento xenérico fronte ás marcas “é unha elección valente, que aposta pola sostenibilidad do sistema público” e recordou que a decisión de suspender o catálogo foi “unilateral do Goberno de España”.
Pola súa banda, o ex secretario xeral de CC OO José María Fidalgo afirmou que o catálogo impulsado pola Xunta era “a dirección na que hai que ir” e lamentou que “a esquerda” o rexeitase.
A pesar de que o TC aínda non se pronunciou sobre a cuestión, Sanidade gañou onte outro recurso no Alto Tribunal. O TC levantou a suspensión de varios artigos da Lei Ómnibus de Galicia polo que a colexiación volve ser obrigatoria para os profesionais médicos e demais traballadores de ciencias da saúde que exerza no servizo sanitario público galego.
Por outra parte, Farjas apostou por converter os hospitais en axentes de innovación, achegando un valor engadido e xerando unha contorna de riqueza durante a inauguración da I Xornada de Investigación Biosanitaria organizada polo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Destacou que nos últimos anos os hospitais pasaron de ser provedores de servizos a desenvolver actividades de docencia e investigación. A estes labores engadiu un cuarto reto: ser axentes de innovación.

 TAMÉN PODE CONTRBUIR O FEITO QUE OS MÉDICOS DO SERGAS NON PODEN RECEITAR OS MEDICAMENTOS SUPRIMIDOS DO CATÓLOGO PORQUE O PROGRAMA INFORMÁTICO NON LLES DA OPCIÓN A RECETALOS...

El ahorro con los genéricos suma 29 millones en un trimestre, según la Xunta

  • El ahorro medio es de 370.000 euros al día durante el primer trimestre del año
  • 'Son buenas noticias para la autestima de los gallegos', se congratula Feijóo
  • Galicia pasa de ser la última a la primera CCAA en la prescipción de genéricos
  • La factura farmacéutica fue de 73 millones, 11,5 millones menos que en febrero
El Mundo



La Xunta de Galicia continúa con su particular márketing respecto a las bondades del catálogo priorizado de medicamentos, que entró en vigor el pasado 3 de enero y sobre el que pesa una suspensión del Tribunal Constitucional. Como cada mes, el Consello de la Xunta dio cuenta de las cifras de ahorro que esta lista de fármacos supone para las cuentas públicas.
"Son buenas noticias para la autestima de los gallegos, y nuestros médicos son un ejemplo para garantizar el sistema sanitario público" de Galicia. Núñez Feijóo daba pie así a las cifras que maneja Sanidade sobre el ahorro logrado mediante la aplicación de genéricos, pese a la paralización del catálogo.
Según el presidente gallego, Galicia ha pasado de ser la última autonomía en recetar genéricos a la primera, alcanzando en los tres primeros meses del año un 27% (enero), un 30,6% (febrero) y un 30% (marzo) en la tasa de prescripción de este tipo de fármacos. Porcentajes todos ellos superiores a la media española (26,4%), pero todavía lejanos a cifras de otros países europeos como el Reino Unido (60%) o Suecia (44%).
Con este método, según la Xunta, el ahorro medio ha sido de 370.000 euros al día durante el primer trimestre del año, con un acumulado en el mismo período de 29 millones de euros.
Núñez Feijóo insistió este jueves, en la rueda de prensa posterior a la reunión de su Gobierno, que estas cifras permitirán "mantener el calendario de la mayor reforma sanitaria" llevada a cabo "en una legislatura", con la construcción de nuevos hospitales de Vigo y Pontevedra o la reforma del Juan Canalejo de A Coruña.
Respecto al mes de marzo, la factura farmacéutica gallega fue de 73 millones de euros, con un descenso de 11,5 millones de euros en relación con el mes anterior, una cantidad que supone un recorte del 13,6%. Para la Consellería de Sanidade, los datos reflejan la "responsabilidad" de pacientes y médicos en la elección de fármacos más económicos aunque el catálogo continúe en suspenso.


SEGUNDO ISTO E AS DECLARACIÓNS DA CANDIDATA DO PP Á ALCADIA DE MONFORTE DE QUE SE VAN INVESTIR 500.000 NO HOSPITAL DE MONFORTE  PARA O ANO 2011, SE PODEN FACER UNHAS SINXELAS CONTAS:


HABITANTES GALICIA 2010 (INE): 2.797.653

HABITANTES AREA MONFORTE 2010 (INE): 51.063

AFORRO GASTO FARMACEUTICO (Feijoo 14-4-2011): TOTAL 29.000.000 €  NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2011


MEDIA POR GALLEGO: 10,36 €


TOTAL DA AREA SANITARIA DE MONFORTE: 529.012 €  (NO PRIMEIRO TRIMESTRE, NUN ANO SERÍAN 2.116.000 €)


“529.012 €”  E MOI SIMILAR Á CANTIDADE QUE SE VAI INVERTIR, SEGUNDO A CANDIDATA DO PP, NO HOSPITAL NO ANO 2011. OU SEXA QUE A XUNTA NON VAI GASTAR NINGÚN CARTO DE MÁIS DOS QUE AFORROU EN MEDICAMENTOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE NA ÁREA DE MONFORTE. 

IMOS SUBVENCIONAR DURANTE O QUE RESTA DO ANO Á SANIDADE DOUTRAS ÁREAS. NOS QUITAN PARA PAGAR AS DÉBEDAS DOS HOSPITAIS DE VIGO E PONTEVEDRA, POR EXEMPLO.
-----------------------------------------


SE SUPOÑEMOS QUE SE AFORRARON 370.000 € AO DIA AS CONTAS SERÍAN:

HABITANTES GALICIA 2010 (INE): 2.797.653

HABITANTES AREA MONFORTE (2010): 51.063

AFORRO GASTO FARMACEUTICO (Feijoo 14-4-2011): 370.000€/DIA = TOTAL 33.300.000 €  1ER TRIMESTRE 2011


MEDIA GALLEGO: 11,90 €


AREA SANITARIA: 607.650 € (NO PRIMEIRO TRIMESTRE, NUN ANO SERÍAN 2.430.600 €

NO ANO 2011 A XUNTA VAI INVERTIR 100.000 € MENOS DO QUE AFORROU EN MEDICAMENTOS NA ÁREA DE MONFORTE NO PRIMEIRO TRIMESTRE. OS CIDADAN@S DAS COMARCAS DA ÁREA DE MONFORTE ESTÁN SUFRAGANDO OS GASTOS DOUTRAS ÁREAS. CON 100.000 AFORRADOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE PODERÍASE CONTRATAR A UN OFTALMÓLOGO E UN CIRUXÁN A MAIORES DURANTE UN ANO


EN TODO CASO NA ÁREA DE MONFORTE SE AFORRARÁN MÁIS DE 2.000.000 € EN MEDICAMENTOS E NON VAN INVERTILOS NA NOSA ÁREA, COMO MOITO O 25% AÍNDA QUE NON EXISTE NINGUNA PARTIDA NOS PRESUPOSTOS DE GALICIA PARA O 2011, E DICIR, NON HAI NINGÚN COMPROMISO POLÍTICO OU NORMATIVO DE QUE ISES CARTOS SE INVESTAN





Durante el primer trimestre del año: Feijóo cifra en 370.000 euros el ahorro medio diario en gasto farmacéutico


Hoxe Feijoo fixo estas declaracións: no primeiro trimestre do ano en Galicia aforránronse 370.000 € o día, el din que en total suman 29.000.000 € (370.000 x 90 = 33.300.000 ¡?), seica que non fixo ben a multiplicación. Pero supoñamos que sexan 29.000.000.  Fagamos contas:


HABITANTES GALICIA 2010 (INE): 2.797.653

HABITANTES AREA MONFORTE 2010 (INE): 51.063

AFORRO GASTO FARMACEUTICO (Feijoo 14-4-2011): TOTAL 29.000.000 €  NO PRIMEIRO TRIMESTRE 2011


MEDIA POR GALLEGO: 10,36 €


TOTAL DA AREA SANITARIA DE MONFORTE: 529.012 €  (NO PRIMEIRO TRIMESTRE, NUN ANO SERÍAN 2.116.000 €)


“529.012 €”  E MOI SIMILAR Á CANTIDADE QUE SE VAI INVERTIR, SEGUNDO A CANDIDATA DO PP, NO HOSPITAL NO ANO 2011. OU SEXA QUE A XUNTA NON VAI GASTAR NINGÚN CARTO DE MÁIS DOS QUE AFORROU EN MEDICAMENTOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE NA ÁREA DE MONFORTE. 

IMOS SUBVENCIONAR DURANTE O QUE RESTA DO ANO Á SANIDADE DOUTRAS ÁREAS. NOS QUITAN PARA PAGAR AS DÉBEDAS DOS HOSPITAIS DE VIGO E PONTEVEDRA, POR EXEMPLO.
-----------------------------------------


SE SUPOÑEMOS QUE SE AFORRARON 370.000 € AO DIA AS CONTAS SERÍAN:

HABITANTES GALICIA 2010 (INE): 2.797.653

HABITANTES AREA MONFORTE (2010): 51.063

AFORRO GASTO FARMACEUTICO (Feijoo 14-4-2011): 370.000€/DIA = TOTAL 33.300.000 €  1ER TRIMESTRE 2011


MEDIA GALLEGO: 11,90 €


AREA SANITARIA: 607.650 € (NO PRIMEIRO TRIMESTRE, NUN ANO SERÍAN 2.430.600 €)

NO ANO 2011 A XUNTA VAI INVERTIR 100.000 € MENOS DO QUE AFORROU EN MEDICAMENTOS NA ÁREA NO PRIMEIRO TRIMESTRE. MONFORTE ESTÁ SUFRAGANDO OS GASTOS DOUTRAS ÁREAS. CON 100.000 AFORRADOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE PODERÍASE CONTRATAR A UN OFTALMÓLOGO E UN CIRUXÁN A MAIORES DURANTE UN ANO


EN TODO CASO NA ÁREA DE MONFORTE SE AFORRARÁN MÁIS DE 2.000.000 € EN MEDICAMENTOS E NON VAN INVERTILOS NA NOSA ÁREA, COMO MOITO O 25%